ACT TV 2017

ESPECIAL

29 Xu˜ 2017

Primeiro paso baixo a Ponte Colgante

Primeiro paso baixo a Ponte Colgante

Esta mañá presentouse a XVI Bandera Ayuntamiento de Sestao no consistorio da localidade biscaína
 

Esta fin de semana, encetamos unha nova edición da Eusko Label Liga 2017. A primeira xornada da tempada, terá lugar en Bilbao este mesmo sábado. No domingo, os 12 clubs que loitarán por conseguiren a Coroa Caixabank competirán a partir das 12.00 horas, pola XVI Bandera Ayuntamiento de Sestao en Portugalete. Esta segunda xornada da Eusko Label Liga, terá lugar en augas da ría do municipio biscaíno, sendo esta a primeira regata da tempada que se desputará en liña. Nela, as traiñeiras terán que afrontar un percorrido de tres millas náuticas, repartidas en catro longos e tres ceavogas.

As quendas para esta regata aínda non están definidas, xa que a orde das quendas estabelecerase segundo a clasificación da regata do sábado en Bilbao. E esta mañá tivo lugar a presentación desta segunda xornada da competición no consistorio da localidade biscaína, onde estiveron presentes Josu Bergara, alcalde de Sestao; Jon Basabe, presidente de Kaiku Producha; e Borja Rodrigo, presidente da ACT.

Consulta dossier da regata

Voltar