Novas

ASOCIACION

22 Xan 2021

Primeiro encontro do curso para a ACT

Primeiro encontro do curso para a ACT

A Asemblea da Asociación terá lugar mañá de xeito telemático

O ano novo xa chegou á ACT e os socios darán este sábado a benvida ao 2021 coa primeira Asemblea do curso. Entre os puntos que se tratarán na reunión salienta a aprobación da entrada como socio de SD Tirán, que dará o relevo a SDR Kaiku AK na Asociación, a elección do Presidente e a Xunta Directiva da ACT para a vindeira lexislatura e o peche do exercicio económico da Asociación.

Voltar