A Bou Bizkaia tirou unha vantaxe de oito segundos sobre a Ama Guadalupekoa logo da primeira xornada da XLI Zarauzko Estropadak
Urdaibai Avia voltou ¡ senda do triunfo en augas de Zarautz na primeira xornada da XLI Zarauzko Estropadak logo de se impór na quenda de honra con autoridade sobre os seus rivais. A Bou Bizkaia tirou unha vantaxe de oito segundos sobre a Ama Guadalupekoa, de 20 sobre Zierbena Bahías de Bizkaia e de 29 sobre Orio Babyauto, que marcou o quinto tempo do día. Os de Bermeo tiraron proveito das ondas nos longos de volta dende o carreiro 1 e conseguiron unha boa renda de cara ¡ xornada de mañ¡ para facérense coa bandeira. Apenas GO fit Hondarribia conseguiu facerlle sombra, inclusive se achegou a catro segundos no último longo pero os de Eneko Bilbao voltaron distanciarse. Os galipos mantiveron a terceira posición en todo momento e a San Nikolas viuse relegada ¡ segunda quenda para mañ¡ tras marcar peor tempo que Cabo.
Os de Boiro dominaron a segunda quenda dende o segundo longo. Desenvolvéronse ¡s mil marabillas entre as ondas e pasaron do terceiro lugar a lideraren a regata con seis segundos de vantaxe nun abrir e pechar de ollos. Non desperdiciaron a vantaxe e chegaron ¡ meta con sete segundos de diferenza con respecto ¡ Donostiarra. A 13 cruzou a meta Santurtzi Iberdrola e a 17 chegou Ondarroa Cikautxo.
A primeira quenda foi para San Pedro. A Libia foi proa de regata do comezo ao fin dende o carreiro 2 cun tempo en meta de 20â41â46. Tir¡n Pereira foi segunda acurt¡ndolle outro punto m¡is a San Juan Sumelec na clasificación xeral e pechou a regata Kaiku Producha a 43 segundos de San Pedro.
Logo da xornada de hoxe, Urdaibai Avia segue a liderar a clasificación da Eusko Label Liga con 156 puntos. A Bou Bizkaia conta con 10 puntos de vantaxe sobre a Ama Guadalupekoa e 15 sobre Zierbena Bahías de Bizkaia.
As Batelerak non dan hipótese
San Juan Iberdrola deu o primeiro paso para levar mañ¡ a Zarauzko X. Ikurriña coa que quere rematar por todo o alto a Liga Euskotren. As arroxas lograron impórense na primeira xornada con dous segundos de vantaxe respecto a Orio Babyauto. A âTxikiâ voltou ser a m¡xima rival das sanjuandarras, pero unha vez m¡is faltoulle pouco para poderen imporse na xornada. Terceira foi GU Arraun e Hondarribia Bertako Igogailuak pechou a regata a case un minuto das gañadoras.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar tu navegación, adaptarse a tus preferencias y realizar labores analíticas. Al continuar navegando aceptas nuestra Política de Cookies.ACEPTAR