Novas 2023

COMPETICION

27 Xul 2023

Presentadas as bandeiras de Santurtzi para este domingo

Presentadas as bandeiras de Santurtzi para este domingo

Este domingo dspútanse a Santurtziko XLIV. Ikurriña e a Ikurriña Hospital San Juan de Dios Santurtzi 

O Club de Remo Itsasoko Ama presentou as dúas Bandeiras que se entregarán neste domingo. Por unha banda, o Concello de Santurtzi seguirá a contar coa súa Bandeira, mentres que para a Liga Euskotren, o acordo acadado co Hospital San Juan de Dios de Santurtzi dará nome á bandeira.

Neste contexto, Karmele Tubilla, alcaldesa de Santurtzi; Iker Salgado, presidente do Club de Remo Itsasoko Ama; e Fuensanta de Icaza, presidenta da Fundación Benéfica Aguirre e representante do Hospital San Juan de Dios de Santurtzi, presentaron esta mañá nas instalacións do Club, no porto pesqueiro, as dúas bandeiras que serán ondeadas polos patróns gañadores das regatas deste domingo en Santurtzi.
Á presentación asistiron, igualmente, Marian Lanzagorta, directora de Enfermaría do Hospital San Juan de Dios de Santurtzi, Idoia Brazaola e Merche Durán.
Durante o acto, Fuensanta de Icaza lembrou a aposta do Hospital San Juan de Dios de Santurtzi por apoiar unha entidade con enraizamento na vila mariñeira como é o Club de Remo Itsasoko Ama, e a súa icónica traiñeira, a Sotera.
Ademais, subliñou o compromiso deste centro sanitario, que o próximo ano fai cen anos e é toda unha institución en Santurtzi, «coa muller, o desenvolvemento do deporte feminino, a inclusión e a igualdade en todos os ámbitos», poñendo de relevo as 191 mulleres que emprega o Hospital e que supoñen case o 77% do plantel.
Fuensanta avaliou positivamente «o fomento de algo tan saludábel como é o deporte, entre a poboación feminina, especialmente a máis nova», como un xeito de promoción da saúde «cun grande impacto social».

Voltar