ACT TV 2018

ENTREVISTAS

22 Mai 2018

Póquer de regatas na Coruña

Póquer de regatas na Coruña

A Bandeira Cidade da Coruña levará o vindeiro 7 e 8 de xullo por partida dobre á Praia de Riazor as mellores traiñeras masculinas e femininas do momento

Na pasada campaña a Eusko Label Liga chegou con unha importante novidade no seu calendario, xa que unha cidade referente como é A Coruña uníase ao amplo abano de xornadas da máxima competición de traiñeiras. Tal foi o éxito, que a Eusko Label Liga voltará este ano ás augas de Riazor e ademais farao por partida dobre. A II Bandeira Cidade da Coruña porase en xogo o próximo 7 de xullo ás 18.00 horas e o 8 de xullo ás 11.45 horas, onde as embarcacións terán que facer frente a un esixente mar que o ano pasado puxo a proba a pericia dos patróns, deixando unhas imaxes para a posteridade coa Torre de Hércules de testemuña.

Mais o acordo rubricado esta mañá no Concello da Coruña vai alén diso. Por primeira vez, as mellores embarcacións femininas do momento participarán na proba tanto sábado como domingo en augas da Coruña, na que será a primeira edición da Bandeira Cidade da Coruña. Previa á desputa da regata masculina, as catro mellores traiñeiras do panorama feminino veranse as caras por primeira vez na Liga Euskotren 2018 nunha regata en liña que as levará a cubriren dous longos. E é que no fin de semana anterior ao encontro na Coruña, desputarase o playoff de acceso á Liga Euskotren, polo que a Praia de Riazor será testemuña do primeiro enfrentamento cara a cara das catro mellores traiñeiras.

Así, esta mañá o Concello da Coruña foi testemuña da asinatura deste acordo onde estiveron presentes, Alberto Lema, Concelleiro de Turismo do Concello da Coruña; Lanzada Calatayud, Xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT. Este último quixo salientar “a importancia deste acordo que nos dá visibilidade nun dos mellores contornos e que o ano pasado nos brindou posibelmente unha das regatas máis extremas que se teñen visto nos últimos anos na Eusko Label Liga”

Voltar