ACT TV

CLUBS

27 Mai 2021

"Podemos optar a moitas cousas"

"Podemos optar a moitas cousas"

Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia analiza unha nova tempada ás portas da mesma, na que o seu equipo quere optar a cotas altas. 

O adestrador galego divide a pretempada en dous bloques. O primeiro, que se alargou até o Nadal, “onde non puidemos saír a remar, e despois do Nadal, a pretempada foi con normalidade, adestrando bastante ben”. 

A un mes longo de comezar a Liga Eusko Label, está satisfeito co traballo do equipo, onde “o bloque é semellante ao do ano pasado. Sabemos que será un ano duro e bonito, no que podemos optar a moitas cousas”, asegura. Ademais, dentro desas pretensións, está “estarmos a pelexar en todas as regatas, e se somos quen, estarmos a pelexar pola Liga”. Para isto, é consciente de que “temos que dar o 100% de nós”, afirma o preparador vigués.

Nesa pugna por pelexar as regatas, e a Liga, sabe que terán “rivais moi fortes. A xente está a adestrar e a traballar ben, vai estar a cousa dura. Hai moitos candidatos e apenas pode gañar un, é o bonito e o interesante de cómo se está a pôr a Liga”, asegura Zunzunegui. 

Voltar