Novas 2015

ENTREVISTAS

25 Mar 2015

"Podemos mellorar o noso rendemento do ano pasado"

"Podemos mellorar o noso rendemento do ano pasado"

Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia, afronta a súa segunda tempada á frente da traína viscaína con vontade de mellorar os seus resultados anteriores

Zierbena Bahías de Bizkaia, baixo o mando do adestrador vigués Juan Zunzunegui, redondeou o ano do seu regreso á Liga San Miguel con un oitavo posto na xeral e o trofeo "la Caixa" ao mellor patrón, conseguido por Vicente Carpintero. Zunzunegui califícao como unha boa tempada mais está convencido de que é quen de lle sacar “máis rendemento” ao seu plantel este ano. Por conseguinte, o obxectivo que se marcan os galipo esta temporada é o de mellorar os resultados da pasada campaña, e para isto reforzáronse con remeiros como Paul Galdiz, Alexandro Rodríguez ou Luis Miguel Villar, ademais de alguns remeiros que estiveron cedidos a tempada pasada e que este ano “están adestrando ben e poden dar un bo rendemento”.

Zunzunegui recoñece que físicamente o equipo atópase mellor que a tempada pasada, pero prefiere non sacar conclusións até que arranque a competición. Unha Liga San Miguel, dito sexa de paso, que ve moi igualada e na que “non se pode despistar ninguén, porque con un pequeno descoido métenseche tres o catro equipos por diante e son moitos os puntos que podes perder”. Para evitar cualquera contratempo o equipo viscaíno continúa adestrando duro para chegar ben ao comezo da Liga San Miguel e “dar o máximo en cada regata”.
 

Voltar