ACT TV

CLUBS

01 Xu˜ 2021

"Podemos dar un bo nivel"

"Podemos dar un bo nivel"

Jose Manuel Pelaez, adestrador do Club de Remo de Ares analiza a situación do plantel a case un mes para comezar a Liga Eusko Label, onde “queremos conseguir a permanencia”. 

O adestrador asturiano está satisfeito coa pretempada realizada, onde apenas no mes de febreiro non deron saído á auga. “Salvo o contratempo de febreiro, onde non demos saído á auga nun mes, e aproveitamos para facer traballo físico na casa. Agora estamos a aproveitar ben os días de auga, e a relaxación das medidas de restricción”, afirma Pelaez. 

En canto ao seu plantel, veo moi ben perfilado. “Contamos cun plantel de 19 remeiros e dous patróns, aos que vexo motivados e preparados”, asegura o adestrador. Pola súa banda, “somos conscientes de que temos un equipo un pouco xusto a nivel de rendemento, pero cremos que podemos dar un bo nivel, se damos coa tecla e coa remada adecuada, podemos pelexar cos nosos rivais directos”, advirte Pelaez. 

En canto aos obxectivos, o técnico asturiano é moi claro, “a salvación, e todo o que poidamos conseguir a partir de aí, para nós será un agasallo.

Nese obxectivo pola salvación, como para todos os rivais, a incerteza reina nos seus pensamentos. “Foi atípico en canto ás competicións de inverno. A única referencia que temos é o descenso de Orio, e é unha regata especial. Aí vimos que Zarautz e Ondarroa andan ben, e en Galiza tampouco temos referencias en traiñeiras, apenas en enbarcacións curtas”, asegura o asturiano.

Voltar