Novas 2011

COMPETICION

31 Ago 2011

PLAY OFF E CONTROLES 2011

PLAY OFF E CONTROLES 2011

Conforme ao previsto no Capítulo V da Normativa de Competición da ACT -e en especial ao previsto no art. 37.1 do citado corpo regulamentario- poden tomar parte no play-off da ACT até dous representantes de cada unha das asociacións ARC e LGT sempre que concluísen a tempada entre os tres primeiros clasificados nas súas respectivas ligas regulares. Inicialmente tomarían parte no play off o 1º e 2º clasificado da liga regular de cada asociación ARC e LGT e, unicamente, se algún de tales clubs renunciase a tomar parte no play off o 3º clasificado da asociación onde se produce a renuncia podería acudir.

Os clubs provenientes da ARC e LGT enfrontaranse ao club da ACT que a falta de dúas xornadas para o final da liga regular figure na 11º praza dado que, como saberán, o 12º clasificado descende de forma automática. As datas previstas para o play off son os días 17 e 18 de setembro de 2011 nas regatas da Liga San Miguel que serán celebradas, respectivamente, en Bermeo e Portugalete (Bandeira Corte Inglés).

Agora ben, na presente anualidade, vai participar de forma preventiva o 12º clasificado da liga ACT baseándose no acordo adoptado polo órgano competicional da asociación debido ao seguinte. Un club socio da ACT está expedientado por unha eventual infracción das normas de dopaxe, se ben o expediente disciplinario atópase suspendido na súa tramitación até a conclusión dentro dunhas datas das dilixencias previas que se atopan a tramitar nun xulgado dentro dunha causa penal. En calquera caso, garántese aos clubs da ARC e LGT o habitual número de prazas existentes para poder acceder á ACT na presente tempada por méritos deportivos e, igualmente, só será computado o resultado dun club da ACT para o resultado no play-off (que será o que finalmente resulte ser o 11º clasificado, unha vez que se conclúa a tramitación do expediente disciplinario sancionador).

Onte finalizou o prazo concedido para a inscrición dos clubs interesados en participar no Play Off da Liga San Miguel e estes foron os 4 clubs que se inscribiron:

. CR PORTUGALETE EULEN
. ZIERBENA BAÍAS DE BIZKAIA
. CHAPELA
. CABO DA CRUZ

Por outro lado, o Comité Antidopaxe e Control de Saúde da ACT, a través da presente comunicación, informa que até o día 29 de agosto de 2011, data na que se celebraron 18 das 20 regatas que integran a Liga San Miguel - Coroa MAPFRE da tempada 2011, leváronse a cabo os seguintes controis antidopaxe:

Número de misións ou actos de recollida de mostras:
Fóra de Competición: 22.
En Competición: 8

Total: 30

Número de mostras obtidas:
Fóra de Competición: 44
En Competición: 24 mostras masculinas e 3 mostras femininas

Total: 71

A día da data, e á espera de recibir informes analíticos pendentes, non se remitiu, por parte do laboratorio, ningún resultado adverso.

Voltar