Novas

ESPECIAL

20 Ago 2020

Pinta a túa historia con BM: Santurtzi T. y G. Aguado

Pinta a túa historia con BM: Santurtzi T. y G. Aguado

Yeray Cayón e Asier Zurinaga compiten nesta rolda de preguntas sobre o seu club

Durante esta tempada 2020 da Liga Eusko Label vimos o salto de calidade que tivo Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, chegando a seren hoxe, a falta de seis xornadas para que remate a tempada, líderes en solitario e principais candidatos para levaren a Coroa CaixaBank este ano.

Xa sabemos que se manexan ben na auga, mais que tal resolverán á frente das cámaras para respostaren preguntas sobre o seu club? Hoxe contamos coa participación de Yeray Cayón e Asier Zurinaga, remeiros da ‘Sotera’ neste novo capítulo da sección de preguntas e respostas que nos chega da man de Supermercados BM, patrocinador da Liga Eusko Label.

Voltar