Novas 2015

ASOCIACION

24 Xan 2015

Pedro Andueza continúa á frente da ACT

Pedro Andueza continúa á frente da ACT

A Asemblea amosa o seu apoio e confianza cara a Xunta Directiva e, ademais, aproba a entrada como socio de Samertolameu

Esta mañá, na sede que a Asociación de Clubs de Traíñas ten en Oiartzun, celebrouse a primeira Asemblea do ano na que participaron todos os clubs, incluído o novo socio, Samertolameu, que ocupará o lugar de Pedreña. Así, os socios amosaron o seu apoio e confianza cara a Xunta Directiva presidida por Pedro Andueza, ratificando por cuarto ano consecutivo a súa presenza á frente da ACT. Ademais, na Asemblea Universal, procedeuse á elección do novo Xuíz de Competición, Joseba Fernández Arribas.

No primeiro punto da orde do día, procedeuse á lectura e aprobación da acta da última Asemblea celebrada no pasado mes de decembro en Orio. O apartado de presentación das contas de 2014 someteuse a exame aprobándose o peche económico en 800.000 euros. Ademais da aprobación da xestión da Xunta Directiva na campaña 2014, xunto co pertinente balance desta por parte de Pedro Andueza, ratificouse a entrada como novo socio da Asociación de Clubs de Traíñas a Samertolameu, coa conseguinte perda da condición de asociado para Pedreña.

Por outra banda, tras ser sometido a votación, Pedro Andueza continuará presidindo a ACT xunto coa Xunta Directiva composta por Maria Isabel Diago, nas funcións de tesoureira; Mario Vidal, secretario; e Txemanu Ortíz, como vogal. Despois deste punto, tamén se procedeu á aprobación das modificacións da normativa da ACT en materia antidopaxe e disciplinaria, en base á adaptación realizada no novo Código Mundial Antidopaxe da WADA-AMA.

No derradeiro punto da día, e dentro xa da Asemblea Universal convocada para a ocasión, procedeuse á elección do novo Xuíz de Competición. Así, o biscaíno Joseba Fernández Arribas foi o escollido para este cargo. Con ampla traxectoria no mundo do dereito deportivo, actualmente, entre outras cousas, ostenta o cargo de Asesor Xurídico da Federación Española de Rugby, Árbitro do Comité Vasco de Arbitraxe, Xuíz de Disciplina da Liga de Empresas de Pelota Mano ou Xuíz de Disciplina da Asociación de Remo do Cantábrico.

Unha vez concluída a Asamblea, todos os socios comeron na Sidrería Bereziartua, dando así comezo a este ano 2015.

Voltar