ACT TV 2019

ESPECIAL

24 Mai 2019

Pasos adiante en sintonía

Pasos adiante en sintonía

A ACT e a Federación Vasca de Remo chegaron a acordo para un convenio polo que a entidade federativa coordenará o servizo arbitral da Asociación durante a tempada

A falta dun mes para encetar a competición de traiñeiras tanto da Eusko Label Liga como da Liga Euskotren, a Asociación de Clubs de Traiñeiras continúa a ultimar os aspectos deportivos propios da competición.

Neste sentido, a ACT e a Federación Vasca de Remo subscribiron un acordo de colaboración polo que a Federación Vasca de Remo se encargará da xestión do colectivo arbitral nas regatas da Eusko Label Liga e Liga Euskotren. Até o de agora, a organización efectuábase mediante as federacións territoriais (Biscaia e Gipúscoa). Esta nova relación, que garante a estabilidade necesaria para que a competición se desenvolva con total normalidade e co maior rigor posíbel,  permitirá que a coordinación dos árbitros sexa máis fluída e eficiente.

Borja Rodrigo, presidente da ACT e Ramon Alkain, presidente da FVR, amosaron a súa satisfacción co acordo acadado e puxeron en valor o traballo realizado até o momento. O presidente da Asociación sinala que con este convenio a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren seguirán a contar cos mellores árbitros do territorio para desenvolveren as regatas nas mellores condicións. Ademais, Rodrigo quixo recalcar a boa sintonía que hai entre a ACT e o ámbito federativo vasco, factor que axudará sen dúbida ao crecemento de ambos estamentos, pondo en valor un modelo que xera sinerxias entre a Liga e o estamento federativo.

Voltar