ACT TV 2017

ESPECIAL

19 Xu˜ 2017

Padas polo euskera

Padas polo euskera

A ACT e a Diputación Foral de Bizkaia asinan un acordo co obxectivo de seguiren a dar pulo á Euskararen Txantxangorria

Esta mesma mañá, no Palacio da Deputación de Bizkaia situado en plena Gran Via de Bilbao, asinouse un convenio entre a ACT e a Deputación Foral de Bizkaia. O obxectivo do convenio é apoiar o proxecto Euskararen Txantxangorria, promovendo e dándolle pulo ao euskera. Euskararen Txantxangorria, cómpre sinalar, é un símbolo e unha iniciativa que busca a promoción e o uso desta lingua.

O acto tivo lugar diante do edificio da Diputación Foral de Bizkaia, e nel estiveron presentes as catro traiñeiras de Bizkaia, que participarán na loita pola Coroa Caixabank: Kaiku Producha, Ondarroa Cikautxo, Urdaibai Avia e Zierbena Bahías de Bizkaia. Nun xesto para simbolizaren esta nova unión, os remeiros que se achegaron puxeron as camisolas da Euskararen Txantxangorria e nunha das traiñeiras colocaron o seu logo.

Ao acto achegáronse Unai Rementeria, Deputado Xeral de Bizkaia; Lorea Bilbao, Deputada de Euskara e Cultura; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT. En palabras de Rodrigo “a ACT sempre impulsionou tanto o euskera como o galego e o que pretendemos con este acordo é reforzar o noso compromiso”. Por outra banda, subliñouse a importancia dun proxecto como a Euskararen Txantxangorria para que sexa posíbel levar a cabo o proceso de difusión e normalización da lingua. Segundo Bilbao “a Eusko Label Liga fixo seu o convite de empregarmos o euskera. Queremos remar todos e todas xuntas para usar cada vez máis e en máis ámbitos o euskera, e isto querémolo compartir co resto dos deportes e que este convite a usarmos o euskera tamén se faga extensíbel a toda a sociedade biscaína”.

Voltar