Novas 2022

COMPETICION

31 Xul 2022

Orio redondea a fin de semana coa Bandeira Euskotren

Orio redondea a fin de semana coa Bandeira Euskotren Orio redondea a fin de semana coa Bandeira Euskotren

Segunda vitoria da fin de semana para aumentar a renda na clasificación a catro puntos con respecto a Donostia Arraun Lagunak

Orio Orialki voltou ser a mellor na xornada dominical. Despois da vitoria de onte en augas de Getxo, as patroneadas por Nadeth Agirre venceron na XI Bandeira Euskotren despois de superaren a Donostia Arraun Lagunak por 9 segundos. A San Nikolas impuxo unha marcha máis dende as primeiras padas e até o final da regata foron as mellores en augas de Lekeitio. Por detrás, Tolosaldea voltou superar a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 aterrando en meta con 17 e 26 segundos perdidos, respectivamente. 

Con estes resultados, Orio Orialki reforza o seu liderado na Liga EuskoTren acadando os 30 puntos frente os 26 de Arraun Lagunak. Na parte baixa da clasificación, Tolosaldea esta fin de semana conseguiu acurtar dous puntos na xeral á Torrekua II logo dos dous terceiros postos esta fin de semana. Daquela, as tolosarras suman 11 puntos frente os 13 das donostiarras. 

Matrix Hondarribia gañou a Urdaibai por 0.12 segundos
Matrix Hondarribia e Urdaibai non cesaron no seu esforzo até a última pada da XXXVII. El Correo Ikurriña - Kutxabank SN - Lekeitioko Udala. A Bou Bizkaia conseguiu coller uns metros de vantaxe sobre a Ama Guadalupekoa no último longo, mais os gipuscoanos remataron máis fortes nesta xornada de domingo, 0.12 segundos por diante. Por detrás, Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 completou o podio cruzando a meta a 10 segundos e Orio Orialki foi 4º a 22 segundos. Mentres tanto, Getaria, gañador da 2ª quenda, rematou quinto na bandeira por diante de Lekitarra Elecnor, Cabo, Ondarroa Cikautxo, Zierbena Bahía de Bizkaia, Ares, Kaiku Berez Galanta e Santurtzi. 

Daquela, e coa vitoria de Matrix Hondarribia, os pupilos de Mikel Orbañanos abren unha fenda de 3 puntos na xeral da  Liga EuskoLabel con respecto á Torrekua II. Os verdes suman 111 puntos frente os 108 de Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100. 

Voltar