ACT TV 2023

ENTREVISTAS

13 Mar 2023

Orio e Bermeo gañadores en Orio

Orio e Bermeo gañadores en Orio Orio e Bermeo gañadores en Orio

Baixo unha intensa chuvia Orio foi o epicentro do remo este sábado

No sábado desputouse a Oriaren XXXIX. Traineru jaitsiera, onde os equipos tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren ultiman as súas preparacións para a tempada. En total participaron 69 equipos diferenciados en catro categorías, con ampla representación dos equipos das nosas competicións. 
 
Na categoría feminina, Orio non quixo sorpresas, e no percorrido de 4.000 metros foi a traiñeira máis rápida da tarde. Así, as vixentes campioas da Liga Euskotren vencían no descenso da súa localidade, por diante de Donostiarra, Tolosa e Donostia Arraun Lagunak. 
 
Na categoría masculina, Bermeo foi a traiñeira máis veloz en percorrer os 6.000 metros dende a saída á meta, e quen repetía a vitoria da tempada pasada por diante de Orio e Hondarribia.

Fotos: Club de Remo Orio

Voltar