ACT TV 2019

06 Xul 2019

Orio Babyauto dá o primeiro golpe na Coruña

Orio Babyauto dá o primeiro golpe na Coruña

A “San Nikolas” imponse na primeira xornada da II Bandeira Cidade da Coruña

Orio Babyauto conseguiu o seu terceiro triunfo da tempada e achégase a conquistar a III. Bandeira Cidade da Coruña logo dunha espectacular regata nas augas da Praia de Riazor. Os de Jon Salsamendi marcaron un tempo de 19’27”78 avantaxando en 4” a Santurtzi Iberdrola, e así superan o récord do campo de regatas en 1’01”, realizado por Urdaibai Avia. En canto á Liga Euskotren, Orio Babyauto faise coa primeira xornada da II. Bandeira Cidade da Coruña marcando un tempo de 10’56”80 e unha vantaxe de 5” sobre Arraun Lagunak. Pola súa banda, Arkaitz Diaz, o patrón de Donostiarra, segue líder na clasificación do Mellor Patrón Caixabank.


A “San Nikolas” fíxose coa proa de regata dende o comezo e ceavoga tras ceavoga foi marcando o mellor rexistro do día até a meta cun tempo de 19’27”78. A segunda praza foi para Santurtzi Iberdrola a 4” dos gañadores. Go fit Hondarribia rematou na terceira posición a 11”, mentres Zierbena Bahías de Bizkaia pechou a quenda de honra, ficando na quinta posición a 16” do gañador. 


A segunda quenda foi para Urdaibai Avia, que conseguiu marcar o cuarto mellor tempo da xornada (a 15” de Orio) e mañá vogará na quenda de honra. Donostiarra foi segunda na quenda, a 10” da Donostiarra. Cabo foi terceiro na súa quenda a 15” segundos respecto á “Bouz Bizkaia”, mentres que Kaiku rematou na novena posición a .


A primeira quenda estivo dominada por Ondarroa Cikautxo que conseguiu o oitavo posto cun tempo de 20’08”64 e unha vantaxe de 13” sobre San Pedro mentres que Astillero Electricidad y Gas rematou na décimo primeira posición a 27” respecto á Antiguako Ama e Lekittarra Elecnor pechou a quenda a 35" dos gañadores da primeira quenda.


Polo tanto Orio Babyauto continúa líder da clasificación xeral da Eusko Label Liga con 58 puntos aventaxando en 9 puntos a Santurtzi Iberdrola e a Go fit Hondarribia. Zierbena Bahías de Bizkaia, pola súa banda, ocupa a terceira praza a 12 puntos respecto aos da "San Nikolas". Na loita polo maillote CaixaBank ao mellor patrón, os tres puntos de hoxe foron para Jenaro Zelaia de Ondarroa Cikautxo. Arkaitz Diaz, pola súa banda, consegue un punto na regata de hoxe, e así sigue líder cunha vantaxe de 3 puntos sobre Iñaki Goikoetxea de Lekittarra Elecnor.


Orio babyauto non dá opción
Nova vitoria para a embarcación da “Txiki na Liga Euskotren. As oriotarras mostraron a súa superioridade dende o comezo e chegaron á ceavoga con 3 segundos de vantaxe respecto a Arraun Lagunak. No segundo longo ampliaron aínda máis a vantaxe coas súas competidoras e foron primeiras na meta, reafirmando a súa calidade como favoritas para se ergueren mañá coa II Bandeira Cidade da Coruña. Arraun Lagunak rematou a regata segunda a 5” respecto das oriotarras. Hondarribia Bertako Igogailuak fíxose coa terceira praza a 22”, mentres que a cuarta praza foi para Donostiarra, a 33” da cabeza de regata. 


Mañá ás 11.40 volta a emoción da máxima competición en augas de Riazor coa Liga Euskotren e a Eusko Label Liga, onde se decidirá quen leva a Bandeira Cidade da Coruña. 

Voltar