ACT TV 2014

ESPECIAL

29 Xu˜ 2014

Orio Babyauto consegue a II Bandeira Basque Country

Orio Babyauto consegue a II Bandeira Basque Country

A 'San Nikolas' logra reinar nun mar Mediterráneo que presentou unhas condicións de vento moi complicadas

A Liga San Miguel arrincou esta mañá en augas de Barcelona coa disputa da II Bandeira Euskadi Basque Country nunha regata que acabou vencendo Orio Babyauto con un tempo de 21’55’’02 e que estivo moi influída polas condicións que quixo presentar o Mediterráneo. O vento, desde ben cedo, fixo acto de presenza e foi un dos protagonistas da xornada. Malia isto, a ‘San Nikolas’ oriotarra soubo adaptarse a estas condicións e conseguiu unha vantaxe de 32’’ a Urdaibai Avia, mentres que Kaiku Ambilamp levou a terceira posición a 46’’ dos amarelos.Precisamente estas dúas embarcacións foron as grandes dominadoras da primeira quenda, na que tamén vogaban San Juan Iberdrola e Zierbena Bahías de Bizkaia. Desde as primeiras paladas a loita pola primeira posición estivo dominada polos bemeotarras e sestaotarras, e non foi até o terceiro longo cando os da ‘Bou Bizkaia’ lograron coller distancia frente a vixente campioa. Finalmente, o tempo dos preparados por Jon Salsamendi foi de 22’27’’90, mentres que Kaiku Ambilamp ficou en 22’41’’10. Completaron a quenda, San Juan Iberdrola, con un tempo de 23’17’’94 que lles outorgou o sétimo posto, e Zierbena Bahías de Bizkaia con 23’45’’92.

A segunda quenda arrincou de forma accidentada porque Pedreña nada máis comezar viuse obrigada a abandonar por unha avaría na bomba de achique que lle deixou a traíña prácticamente anegada de agua. Así e todo, Hondarribia Orsa desde o principio da quenda fuxiu e loitaba en solitario contra un vento que cada vez ía a máis. Finalmente, os de Mikel Orbañanos lograron unha marca de 23’00’’36 que lle deu a quinta posición na regata. Por outra banda, Astillero parou o cronómetro en 23’19’’98, ficando na oitava posición, e Cabo foi noveno con un tempo de 23’25’’80. E xa por último na terceira quenda destacou Orio Babyauto que foi de menos a máis, remontando a forte envestida inicial de Tirán Pereira. Os preparados por Igor Makazaga foron abrindo oco xa non só frente os rivais da súa quenda, tamén ante Urdaibai Avia que marcaba o mellor rexistro. A exhibición oriotarra foi total e cruzou as balizas de chegada con un tempo de 21’55’’02, 32’’ segundo mellor que a ‘Bou Bizkaia’. Os galegos de Tirán Pereira foron cuartos a 1’02’’, mentres que Portugalete Eulen obtivo a sexta posición a 1’14’’ dos oriotarras. Pechando a quenda, San Pedro Ecolmare logrou un rexistro de 23’30’’48.

Voltar