ACT TV 2014

ENTREVISTAS

06 Xul 2014

Orio Babyauto consegue a Bandeira Concello de Bueu

Orio Babyauto consegue a Bandeira Concello de Bueu

Os oriotarras impóñense por segunda vez nesta Liga San Miguel e afiánzanse no liderado con unha renda de sete puntos frente a Kaiku Ambilamp e Hondarribia Orsa

Segunda vitoria para Orio Babyauto que esta mañá adxudicouse a Bandeira Concello de Bueu con un tempo de 19’51’’10, avantaxando en dous segundos a Urdaibai Avia e en 5’’ a Hondarribia Orsa. Deste xeito, a tripulación oriotarra afiánzase no liderado da Liga San Miguel con 35 puntos, seguido por Hondarribia Orsa e Kaiku Ambilamp a sete puntos.

Con un campo de regatas moito menos castigado polas condicións meteorolóxicas, a quenda de honra foi unha auténtica batalla na que Orio Babyauto quixo marcar o ritmo desde o comezo. E así foi. A ‘San Nikolas’ non quixo dar a máis mínima vantaxe aos seus rivais e desde os primeiros metros ensinou a proa, cruzando as balizas de chegada con unha marca de 19’51’’10. A segunda posición foi un troco de poderes entre Hondarribia Orsa e Urdaibai Avia, na que a ‘Bou Bizkaia’ finalmente se impuxo con un tempo de 19’53’’10. A ‘Ama Guadalupekoa’ ficou coa terceira posición e un tempo de 19’56’’70. A quenda pechouna Kaiku Ambilamp, cuarto na regata, a 23 segundos dos oriotarras.

A segunda quenda tamén estivo cargada de emoción e malia a supremacía demostrada por San Juan Iberdrola, finalmente dúas décimas servíronlle a Zierbena Bahías de Bizkaia para a vitoria da quenda despois de completar un fantástico longo final, ficando en quinta posición e, de paso, adxudicándose Vicente Carpitero o maillote ao mellor patrón de la Caixa. No enfrentamento entre as embarcacións galegas, a balanza decantouse en favor de Tirán Pereira, sétimo, que estivo apenas un segundo diante de Cabo.

Na quenda que abriu a xornada, a embarcación cántabra de Astillero conseguiu a vitoria pola mínima diferenza, adxudicándose a novena posición. E é que oito décimas foron as que separaron os cántabros de Portugalete Eulen. A ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare foi undécima a 53 segundos de Orio Babyauto, en canto Pedreña completou a clasificación a 1’23’’ do gañador.

Pedreña e Donostia

A Liga San Miguel pecha o seu primeiro fin de semana galego e a semana que vén trasládase a augas de Pedreña o sábado coa Bandeira Marina de Cudeyo e o domingo a Donostia coa III Bandeira Eusko Label. Ambas as xornadas, cómpre salientar, servirán tamén para dar comezo á Liga Euskotren.
 

Voltar