ACT TV 2015

ENTREVISTAS

06 Mai 2015

Orio Babyauto, centrado no seu traballo

Orio Babyauto, centrado no seu traballo

O club "aguilucho" encara a nova tempada da Liga San Miguel confiados en completar o seu plano

Igor Makazaga enfronta a súa cuarta campaña ao mando do equipo oriotarra despois de completar o 2014 coa consecución do segundo posto na clasificación xeral da Liga San Miguel, na que levou un total de cinco vitorias. O adestrador guipuscoano amósase satisfeito co traballo que está a facer o seu equipo durante a pretempada e ve ben o seu plantel. A respecto do plantel do ano pasado, non hai excesivas mudanzas, pero o equipo conta “con tres baixas e con un mínimo de cinco altas”, coas que pretende “ampliar e rexuvenecer” o plantel.

En referencia á presente tempada, Makazaga advirte que agora que os equipos xa coñecen o calendario de competición, cada un proporá as regatas nas que quere “estar máis forte”, pero que tamén hai regatas nas que “todos queren estar ben”, e é daquela cando se verá “o verdadeiro potencial de cada equipo”. O preparador do equipo oriotarra ve unha tendencia continuista nos planteis da Liga San Miguel, xa que, salvo unha ou dúas excepcións, “os equipos non mudaron moito as súas pezas”. É máis, Makazaga opina que “os equipos punteiros teñen altas máis importantes que baixas” e iso fai subir o nivel de esixencia para todos, mais admite que eles non queren fixarse “moito nos demais” e avoga por centrárense só en si para así lograr o obxectivo que se marcaron este ano, que é o de “completar o plano de traballo, de principio a fin”.

Voltar