Novas 2023

COMPETICION

24 Ago 2023

Ondarroa acollerá a Liga Eusko Label este sábado

Ondarroa acollerá a Liga Eusko Label este sábado Ondarroa acollerá a Liga Eusko Label este sábado

Ondarroako XXXIX. Bandeira-Cikautxo SN será a bandeira que, na tarde do sábado, se desputará na baía de Ondarroa a partir das 18:15 horas.

Malia este ano a regata ter sido trasladada para o final de agosto, e desputarse esta fin de semana unicamente unha regata da Liga Eusko Label, tanto do club como do concello fan un chamamento para animar a xente da vila a desfrutaren dun grande evento. Son conscientes de que repetir a xesta da tempada pasada será difícil, pero ambas institucións convidan a veciñanza a apoiar especialmente os remeiros do equipo local para faceren unha boa regata na casa e seguir a celebrar a continuidade na Liga Eusko Label.

Nesta xornada, participarán as doce traiñeiras da Liga Eusko Label, divididas en tres quentas segundo a clasificación xeral. Daquela, na primeira quenda vogaran SD Samertolameu Fandicosta, Itsasoko Ama-Santurtzi, Ondarroa Cikautxo e Kaiku Berez Galanta. Na segunda quenda será a vez de Lekittarra Elecnor, Getaria Arraun Elkartea, CR Cabo da Cruz e Orio Orialki, mentres que pecharán a xornada as catro mellores traiñeiras da clasificación xeral, Donostiarra Amenabar Ur Kirolak, Hondarribia, Zierbena Bahías de Bizkaia e Bermeo Urdaibai.
 
Ao igual que na tempada pasada, a FAN ZONE da regata estará ubicada na carpa de Itsasaurre e nela estarán, entre outras, a pantalla xigante, a posibilidade de degustar produtos Eusko Label, a cerveza da competición, Keler, ou a opción de tirar fotografías coa Coroa CaixaBank.
 

Voltar