Novas 2026
ASOCIACION
03 Ago 2026
O Xuíz de Disciplina da ACT incoa expediente disciplinario en relación á X Bandera Fabrika
O estamento disciplinario da Asociación deu inicio ao procedemento contra os 6 clubs da Liga Euskotren que decidiron retirarse da desputa da regata na xornada de Donostia.
O Xuíz de Disciplina da ACT incoou de oficio un procedemento disciplinario contra os 6 clubes que abandonaron a rampla do peirao donostiarra (S.D.R. Astillero, Donostia Arraun Lagunak, Hibaika, C.R. Orio, Tolosaldea Arraun Kluba e Zumaia), antes mesmo de que o Comité Técnico resolvese a decisión sobre a regata.
Logo de analizar a situación e identificar que a actuación destes clubs puidese constituir unha infracción moi grave ou grave segundo o regulamento disciplinario da Asociación, o Xuíz de Disciplina decidiu a incoación dun Procedemento Extraordinario aos citados clubs, concedéndolles prazo para presentaren as alegacións e achegaren as probas que consideren pertinentes sobre os feitos que son obxecto de valoración.


