Novas 2020

ESPECIAL

30 Xu˜ 2020

O Txantxangorri navegará coas traiñeiras

O Txantxangorri navegará coas traiñeiras

A Deputación Foral de Bizkaia e a ACT continuarán a traballar xuntas durante esta tempada estival

Estamos a apenas uns días para que a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren arrien estachas para dar comezo a esta nova tempada e seguen a se incorporar novos integrantes á traiñeira da ACT.

Neste caso, a nosa nova compañeira de viaxe é a Deputación Foral de Bizkaia, quen co seu proxecto “Euskararen Txantxangorria” seguirá a apoiar a máxima competición de traiñeiras do Cantábrico. Á súa vez, o Txantxangorri tamén estará presente dentro das traiñeiras biscaínas, coas que traballa cóbado con cóbado.

A Deputada Foral de Euskera, Cultura e Deporte Lorea Bilbao, e Borja Rodrigo, presidente da ACT, foron os encargados de selaren este novo acordo.

Voltar