Novas 2017

ESPECIAL

17 Xul 2017

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Santander

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Santander

O Trofeo da Eusko Label Liga deixa San Sebastián para se estabelecer na capital cántabra
 

Despois dunha semana en San Sebastián, a Coroa CaixaBank pola que os 12 equipos da Eusko Label Liga loitan todo o verán, reemprende a súa viaxe estival á procura do seu novo destino. Desta vez, a localidade escollida foi Santander, onde dende hoxe, estará disponíbel para quen queira tirar unha foto con el. A Coroa CaixaBank estará exposta na oficina CaixaBank situada na rúa Jesús de Monasterio, 19-21, até o vindeiro domingo, cando voltará retomar o seu camiño para chegar a Getxo.

Se participas no Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para ver ao vivo a derradeira regata do calendario dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Ademais, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón, deseñado esta tempada por Magia Sport, Official Partner da Eusko Label Liga. Para entrar no sorteo só tes que buscar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirares unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

Tour Coroa Caixabank

Estas son as datas e os municipios que acollerán a Coroa CaixaBank:

Do 26 de xuño ao 6 de xullo Bilbao | Oficina CaixaBank (Gran Vía, 38)
Do 10 de xullo ao 17 de xullo Donostia | Oficina CaixaBank (Churruca, 14)
Do 17 de xullo ao 23 de xullo Santander | Oficina CaixaBank (Jesús de Monasterio, 19-21)
Do 24 de xullo ao 30 de xullo Getxo
Do 1 de agosto ao 12 de agosto Hondarribia
Do 13 de agosto ao 20 de agosto Zarautz
Do 21 de agosto ao 27 de agosto Boiro
Do 28 de agosto al 11 de setembro Donostia
Do 11 de setembro ao 16 de setembro Portugalete

Voltar