Novas 2019

ESPECIAL

30 Xul 2019

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Hondarribia

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Hondarribia

A oficina CaixaBank da localidade guipuscoana será a casa do trofeo durante estas dúas semanas

Logo da desputa das dúas últimas xornadas do pasado fin de semana, a competición fai un alto no camiño por mor da desputa do Campionato de España de Traiñeiras o vindeiro fin de semana. A Coroa CaixaBank tamén fará un descanso na súa frenética viaxe e parará até o vindeiro 9 de agosto na oficina CaixaBank de Hondarribia, situada no número 3 da rúa San Pedro, en pleno centro da localidade guipuscoana.

Participando no concurso do Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para ver ao vivo a XLV Bandeira El Corte Inglés dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Tamén, simplemente con participar, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón deseñado cos mellores materiais e a tecnoloxía máis punteira da man de Kibor, Official Partner da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren.

Para participar, só tes que procurar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank e tirares unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

TOUR COROA CAIXABANK 2019

Do 1 de xullo ao 8 de xullo -  Oficina CaixaBank | Bilbao (Gran Vía, 38)

Do 8 de xullo ao 13 de xullo – Oficina CaixaBank | San Sebastián (Churruca, 14)

Do 13 de xullo - XII Bandeira Donostiarra Kaiarriba – Amenabar (San Sebastián)

14 de xullo - VII Bandeira CaixaBank (Castro)

Do 15 de xullo ao 20 de xullo – Orio*

20 de xullo - Orioko XXIX. Estropadak - VII. Orio Kanpina Bandera (Orio)

21 de xullo - XVIII Bandeira Ayuntamiento de Sestao (Portugalete)

Do 22 de xullo ao 27 de xullo -  Getxo (Polideportivo Gobela)

27 de xullo - Santurtziko XL. Ikurriña (Santurtzi)

28 de xullo -  Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña (Getxo)

Do 29 de xullo ao 9 de agosto – Oficina CaixaBank | Hondarribia (San Pedro, 3)

10 de agosto - XXXV. Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia (Ondarroa)

11 de agosto - Hondarribiko XXXII. Bandera - Mapfre Sari Nagusia (Hondarribi)

Do 12 de agosto ao 17 de agosto - Zarautz*

17 e 18 de agosto - XLII Zarauzko Estropadak (Zarautz)

Do 19 de agosto ao 9 de setembro -  Aquarium | San Sebastián

14 de setembro - Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera (Bermeo)

*Pendente confirmación lugar

Voltar