Novas 2017

ESPECIAL

24 Xul 2017

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Getxo

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Getxo

O Trofeo da Eusko Label Liga deixa Santander para se estabelecer na localidade biscaína.

Xa desputada a V Bandeira CaixaBank en augas de Santander, a Coroa CaixaBank, canda toda a caravana da Eusko Label Liga, puxo rumbo cara os seguintes encontros do calendario. O vindeiro sábado desputarase en Getxo a Getxoko Estropaden XXXIX. Ikurriña e o máximo trofeo da competición adiantouse e pasará esta semana no polideportivo Gobela da localidade biscaína até o vindeiro luns.

Participando no Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para veres en directo a última regata do calendario dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Ademais, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón, deseñado esta tempada por Magia Sport, Official Partner da Eusko Label Liga. Para entrar no sorteo só tes que procurar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirar unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

Non perdas esta oportunidade de tirares unha foto coa Coroa CaixaBank!

Tour Coroa Caixabank

Estas son as datas e os municipios que acollerán a Coroa CaixaBank:

Do 26 de xuño ao 6 de xullo Bilbao | Oficina CaixaBank (Gran Vía, 38)
Do 10 de xullo ao 17 de xullo Donostia | Oficina CaixaBank (Churruca, 14)
Do 17 de xullo ao 23 de xullo Santander | Oficina CaixaBank (Jesús de Monasterio, 19-21)
Do 24 de xullo al 30 de xullo Getxo | Polideportivo Gobela (Luis López Oses, 3)
Do 1 de agosto ao 12 de agosto Hondarribia
Do 13 de agosto ao 20 de agosto Zarautz
Do 21 de agosto ao 27 de agosto Boiro
Do 28 de agosto ao 11 de setembro Donostia
Do 11 de setembro ao 16 de setembro Portugalete
 

Voltar