Novas 2013

ENTREVISTAS

09 Ago 2013

"O SENTIMENTO É FORTE E UNICO, E EU SON DE SENTIMENTO MORADO"

"O SENTIMENTO É FORTE E UNICO, E EU SON DE SENTIMENTO MORADO"

Iñaki Arrieta, remeiro de San Pedro Ecolmare

Nacer e medrar en San Pedro. Iñaki Arrieta foi até agora remeiro dun só club (Donostia, 26 anos). Afirma que están contentos na metade da táboa, “sen perder a esperanza de mellorar”, pero asumindo que é imposíbel chegar á altura das máis fortes da Liga San Miguel. Opina que a Libia ten un futuro prometedor, e que nuns anos podería voltar ser aquela traíña que gañaba bandeiras.

 

Pareces un remeiro de municipios costeiros de grande tradición remeira: nacido no propio concello, medra remando no barco da vila, cegha á embarcación senior… Que supón iso para un mozo de San Pedro?

Iso acontece aquí, en San Pedro, e na outra beira da ría, en Pasai Donibane. Aquí o remo é o deporte rei, o soño dos máis novos é remar na traíña da vila, e chegar á categoría senior, un reto. Amosar as cores da traíña da túa vila polo Cantábrico… Se remara en algún outro club algunha vez, penso que non podería sentir o que sinto cando remo con San Pedro.

 

Será difícil, entón, ver a Iñaki Arrieta remar para outro club.

Penso que non. Se te vas do club da túa vola é por cartos. Pode que se te vas gañes bandeiras, títulos, pero sentimento só hai un e rexo, e eu son de sentimento morado.

 

Se miramos a clasificación da liga, vemos que San Juan Iberdrola e San Pedro Ecolmare estades empatados, con 73 puntos. Máis igualdade non se pode pedir.

Andamos así nos últimos anos. Todos os días cruzámonos nos adestramentos, adicámonos miradas especiais, pensamos para adentro ‘estes andan ben’ e cousas así… Temos asumido que a loita con eles vai ser pechada, e por suposto, nós pensamos que nos imos clasificar por diante deles.

 

Que tal é a relación hoxe en día con Pasai Donibane?

Mellorou moito. Tamén hai pique, pero pique saúdabel. Temos relación coa xente de Pasai Donibane, e no pasado quizais iso non era moi habitual. Digamos que ese pique do que falo se cingue ao plano deportivo.

 

Cal é, a día de hoxe, o voso balanzo de tempada? Estades conformes, disgustados…

Eu penso que estamos conformes. Nos cálculos que fixemos antes de comezar a tempada, falábase de estar entre o 5º e o 7º posto, e así vai indo. O límite por arriba era a quenda de honra, e aínda temos opción de acadar ese obxectivo, aínda que a marxe que teñen os que nos preceden é amplo. Segundo se achega a clasificatoria da Concha, melloraremos, e esa mellora debería traer consigo mellorar tamén na Liga San Miguel. Non sabemos se esa mellora chegará esta fin de semana ou máis adiante, pero chegará seguro.

 

A quenda de honra que é, unha utopía, ou un obxectivo posíbel?

Non, non, pódese conseguir. Nunha fin de semana as cousas poden mudar completamente na Liga San Miguel, e mentres matematicamente sexa posíbel, nós imos seguir loitando.

 

Nalgunhas regatas remastes á par ou mellor que Hondarribia Orsa ou Tirán Pereira, pero eses dous clubs gañaron bandeiras e vós non. Tendes opción real de conseguir algunha bandeira?

É moi difícil. A clasificación non minte. É verdade que nalguna regata estivemos entre as catro mellores, pero para gañar bandeiras teñen que fallar tres ou catro embarcacións, e que iso aconteza non é doado.

 

Domingo dispútase a regata na casa. Ninguén coñece mellor que vós o campo de regatas, é un bo día para conseguir un bo resultado.

Adestramos todos os días aquí, e dependendo das mareas ou da intensidade do vento, sabemos cal pode ser o mellor carreiro. Pero coma nós, os demais clubs tamén, non penses que a estas alturas hai segredos inconfesábeis. Non se pode dar moita información, pero dependendo das mareas, o mellor carreiro pode ser o que máis próximo está de San Pedro. A nosa intención é facer unha boa regata en Hondarribia o sábado, para saír na quenda de honra do domingo na casa, e co apoio da afección, lograr algo bonito. A ver se é posíbel.

 

A Libia saboreou o mel do éxito no pasado, ti coñecesches eses tempos cando eras un crío. Na medida en que sodes un club de canteira, ves posíbel que San Pedro volte á elite nun prazo curto ou medio?

Cómpre ser cauto. A segunda traíña está facendo un bo traballo, gañaron as dúas últimas regatas nas que competiron, pero para que esos chavales suban de categoría y empiecen a dar frutos pasarán dos o tres años por lo menos. Por lo que parece, el dinero que se está invirtiendo en el remo está disminuyendo, y los equipos que se han basado en fichajes pueden tener problemas en el futuro. Nosotros somos un club de cantera, y es posible que en un futuro corto o a medio plazo equipos como Hondarribia Orsa, Orio Babyauto ou nós mesmos podemos ter máis opcións de conseguir bandeiras ou títulos.

 

En xuño a afección de San Pedro recibiu o premio á mellor afección da Liga San Miguel. Que ambiente hai en San Pedro?

Eu penso que entenden de remo, e entenden que contra clubs como Kaiku Ambilamp ou Urdaibai Umpro Avia, clubs que fan fichaxes, non hai que facer. A afección ten o mesmo obxectivo que nós, lograr o mellor posto posíbel, mais se ficarmos sextos ou sétimos, enténdeno, porque saben que ese é quizais o noso límite. Sentimos un grande apoio por parte da afección.

 

Quien vai gañar a Liga

Kaiku Ambilamp, fácil.

 

Está decidida?

Diría que está. Ademais, parece que Orio Babyauto apertou un pouco o freo, como reservándose para setembro.

Voltar