ACT TV

ESPECIAL

21 Ago 2019

O remo de elite volta a Bueu

O remo de elite volta a Bueu

A Eusko Label Liga volta a Bueu cinco anos despois para desputar o vindeiro sábado a II Bandeira Concello de Bueu – Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto

Tras darmos por rematada a Liga Euskotren 2019 coa vitoria de Orio Babyauto na dobre xornada da Zarauzko XI. Ikurriña, trasladámonos a Galiza para desputar as últimas dúas xornadas da tempada regular da Eusko Label Liga. O sábado ás 18:00 horas, chegará a vez da II Bandeira Concello de Bueu – Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto, que terá lugar en augas de Bueu, en plena ría de Pontevedra. Non é a primeira vez que a máxima competición de remo compite neste campo de regatas, xa que no 2014 a Eusko Label Liga desputou aquí a terceira xornada da tempada, a I Bandeira Concello de Bueu, na que Orio Babyauto levou a vitoria cun tempo de 19’51”10, e unha vantaxe de 2” sobre Urdaibai Avia.

Para estas derradeiras xornadas do campionato, a composición das quendas realizarase en base á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga. Deste xeito, Astillero Repsol Electricidad y Gas, San Pedro, Lekittarra Elecnor e Kaiku vogarán na primeira quenda. Cabo, Ondarroa Cikautxo, Urdaibai Avia e Donostiarra competirán na segunda quenda. Por último, Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto serán os encargados de remaren na quenda de honra.

Con todo, esta mañá celebrouse a presentación da II Bandeira Concello de Bueu – Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto na que estiveron presentes Felix Juncal, alcalde de Bueu; Ricardo Verde, concelleiro de deportes do Concello de Bueu; e Mario Vidal, directivo da ACT.

Voltar