ACT TV 2020

ESPECIAL

07 Out 2020

O que Lojo non ve 2020

O que Lojo non ve 2020

Chega o vídeo de tomas falsas desta tempada na Liga Eusko Label e na Liga Euskotren

De novo este ano tamén, chega a hora do resumo da tempada máis agardado por remeiros e afeccionados. A tempada rematou e xa se fixeron todas as análises posíbeis da actuación de cada un dos equipos participantes. Agora tócalle a unha achega moito máis alegre e despreocupada da competición.

As Liga Eusko Label e Euskotren deste ano deixáronnos 18 xornadas cheas de regatas trepidantes que se decidiron por apenas centésimas. Pero tamén nos deixaron risos, tomas falsas e situacións cómicas. Para recompilar todos estes clips graciosos, aquí temos unha nova edición de “O que Lojo non ve”.

Voltar