Novas 2020

ESPECIAL

11 Dec 2020

O que di a prensa?

O que di a prensa?

Os medios de comunicación achegan a información do mercado de fichaxes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Neste tramo final do ano, no que os clubs comezan a daren os seus primeiros pasos na preparación para afrontar unha nova tempada de remo que comezará en apenas uns meses, seguimos a coñecer novidades dos planteis que participarán o vindeiro verán na Liga Eusko Label e na Liga Euskotren.

LA VOZ DE GALICIA publicou onte a renovación dun dos piares do equipo campión da Liga Euskotren. Sandra Piñeiro fará no 2021 a súa terceira tempada na traiñeira de Orio AE.

Pola súa banda, EL DIARIO ALERTA, nun artigo sobre o plantel de Pedreña para a vindeira campaña, informa sobre dúas baixas que afectan a un club da Liga Eusko Label. Segundo este diario, Mario Hernando e Jon Lekanda deixarían as filas de Zierbena Bahías de Bizkaia para pórense rumbo a Cantabria.

Voltar