Novas

ESPECIAL

27 Nov 2020

O que di a prensa?

O que di a prensa?

Os medios de comunicación achégannos a información do mercado de fichaxes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

As tripulacións da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren xa comezaron as súas respectivas pretempadas adestrando no ximnasio, á espera de que a situación da pandemia mellore para poder iniciaren os seus adestramento na auga.

Esta semana a información centrouse en dúas altas que terá Urdaibai Avia para a tempada 2021. DEIA salienta as palabras de Jon Elortegi a asegurar que manteñen “o noventa por cento do plantel”. En canto ás incorporacións, Niko Yurramendi (Donostiarra) e Mikel Bereciartua (Elantxobe) formarán parte do equipo que participe na Liga Eusko Label 2021.

A edición biscaína de MUNDO DEPORTIVO faise eco desta información e amplíaa nomeando Unai Billakorta como a única baixa do equipo ‘txo’ de cara á nova tempada.

Voltar