Novas

ESPECIAL

25 Set 2020

O que di a prensa?

O que di a prensa?

Os medios de comunicación achégannos os rumores do mercado de fichaxes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Aínda que non pasase nin unha semana do final da tempada de remo, os equipos xa se puxeron mans á obra para confeccionaren os planteis de cara a unha nova tempada da máxima categoría do remo. Os medios de comunicación traen toda a información sobre as mudanzas no mercado de fichaxes de remeiros e adestradores para que esteamos ao tanto de todas as mudanzas.

Tanto DEIA como EL CORREO adiantan a renovación de Jon Elortegi ‘Txapas’ con Bermeo Urdaibai Avia, que acaba de se oficializar hoxe ao mediodía. O adestrador de Barrica devolveu o equipo ‘txo’ á senda da vitoria con dúas bandeiras esta tempada da Liga Eusko Label. DEIA engade tamén que a intención do equipo biscaíno é dar continuidade ao proxecto coa renovación da totalidade do plantel da ‘Bou Bizkaia’.

ETB adiantou o día despois da consecución da primeira Coroa CaixaBank de Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, que dous dos seus piares dentro da traiñeira non ían continuar na vindeira tempada na ‘Sotera’. Trátase de Iker Pascual e Adrián González, que voltarán na vindeira tempada a Zierbena Bahías de Bizkaia baixo as ordes de Juan Zunzunegui. EL CORREO tamén se fixo eco da posíbel volta do remeiro cántabro á que foi a súa casa no 2017 e 2018.

Voltar