Novas 2019

ESPECIAL

25 Out 2019

O que di a prensa?

O que di a prensa?

Repasamos a actualidade do mercado coa información recompilada entre os distintos medios de comunicación

Ademais de se facer eco da presentación do proxecto deportivo da Donostiarra para a tempada 2020 da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren (podes ler o comunicado do club guipuscoano aquí), os medios falaron destes temas:

Alerta Cantabria: Para alén da incorporación de Cristian Garma procedente de Santurtzi Iberdrola, Pedreña contará tamén coa presenza doutro remeiro da Eusko Label Liga para o seu novo proxecto. Trátase de Gabi Bedia, que logo de recalar en varios equipos guipuscoanos como San Juan e San Pedro, voltará ao club do que é canteirán.

Deia / Berria / El Correo / Noticias de Gipuzkoa: O círculo péchase ao completar a troca de patróns entre Urdaibai Avia e Deusto Bilbao. Se hai uns días se falaba da incorporación de Iker Gimeno ao plantel dos ‘txo’, agora o foco da prensa céntrase en Lur Uribarren, que muda Bermeo por Bilbao para se unir ao novo proxecto de Alexander Estebán á frente de Deusto Bilbao.

Voltar