ACT TV

ENTREVISTAS

04 Abr 2016

"O principal obxectivo da tempada é gozar"

"O principal obxectivo da tempada é gozar"

O preparador do conxunto galego, Gustavo Vázquez, valora a pretempada de Cabo coa intención de gozar da tempada, deixando o sufrimento atrás

Tras ficar en sexta posición o ano pasado, a traiñeira de Cabo tentará mellorar as sensacións que lles fixeron sofrir e tratarán de gozar da Liga San Miguel. A pesar de que a pelexa pola Coroa CaixaBank neste 2016 será trepidante, a embarcación de Cabo espera seguir escalando posicións e pelexar as regatas cos mellores.

Aínda que o inverno foi "longo e duro", o adestrador da traiñeira galegaGustavo Vázquez, afirma que "sendo o oitavo ano como técnico de Cabo, é o inverno que máis gozaron do compañeirismo do día a día".  Realmente amósase contento co grupo que formaron para este ano xa que "desde o máis veterán até o máis novo están traballando igual e iso hai que o valorar".

Como cada verán, "o plantel sufriu altas e baixas, mais o bote anda igual de ben que o ano pasado", porén, Gustavo Vázquez marca o camiño da traiñeira e quere que "gozen da competición e da remada". Prevé unha tempada esixente e igualada onde "San Juan IberdrolaOrio BabyautoZierbena Bahías de BizkaiaTirán Pereira Astillero serán traiñeiras a ter en conta", porén, o preparador galego admite que "o que nós temos que facer é aspirar ao máis alto como equipo".

O camiño por percorrer aínda é longo e a loita pola Coroa CaixaBank será unha das máis igualadas dos últimos anos, e o conxunto de Cabo non quere pasar desapercibido nesa pelexa. 

Voltar