ACT TV 2016

ENTREVISTAS

20 Abr 2016

"O primeiro obxectivo é lograr a permanencia"

"O primeiro obxectivo é lograr a permanencia"

O adestrador de Portugalete Eulen, Ángel Gómez, valora a pretempada da 'jarrillera' na que se mostra positivo, á vez que cauto para a vindeira edición da Liga San Miguel

A traiñeira de Portugalete Eulen comezou a pretempada con moitas forzas e con ganas de demostrar que a 'jarrillera' pode chegar a ter un papel importante na Liga San Miguel. O adestrador cántabro, Ángel Gómez, analiza unha pretempada que "está saíndo bastante ben".

Tras ficaren na undécima posición o ano pasado, desputar un vibrante playoff e mantérense na Liga San Miguel, a traiñeira de Portugalete enfronta unha nova tempada na que non quere pasar os mesmos apuros. Para isto, os homes dirixidos por Ángel Gómez, están a traballar "ben, cumprindo os prazos estabelecidos e serios". O técnico cántabro, para este ano conta con un conxunto "unido, compacto e máis compensado que o do ano pasado", posto que "tivemos 6 altas de diversos clubs que viñeron reforzar os postos que tiñamos suspensos".

Ángel Gómez ve "un bo equipo para este ano e que se atopa en mellores condicións que o ano pasado", porén, amósase cauto e ten claro que o obxectivo da 'jarrillera' ten que ser "lograr a permanencia". 

Á vista está xa o triunfo que obtivo Portugalete Eulen no descenso do Memorial Jon Sasieta 'Bilba', no que se impuxeron por diante de Zierbenas Bahías de Bizkaia e Kaiku Producha. A raíz disto, o preparador da 'jarrillera' opina que, "motiva para seguir a traballar duro, pero que non deixan de ser descensos e cada quen pode tirar as conclusións que queira. 

Está claro que nunha Liga San Miguel "das máis difíciles", Portugalete Eulen tratará de se consagrar un ano máis e desputar ao máximo nivel as regatas que poñen en xogo a Coroa CaixaBank.

Voltar