Novas 2016

ESPECIAL

07 Xu˜ 2016

O Palacio Euskalduna prende os focos da Liga San Miguel

O Palacio Euskalduna prende os focos da Liga San Miguel

O vindeiro sábado, a partir das 19.30 horas, o Palacio Euskalduna, situado na capital viscaína, recibe a Gala da Liga San Miguel

O Palacio Euskalduna de Bilbao é o punto escollido para que o vindeiro 11 de xuño se celebre a Gala da Liga San Miguel 2016. Anjel Alkain, presentador e humorista, será unha vez máis o encargado de ser o director de orquestra desta nova festa á que acudirán máis de 600 convidados. Esta Gala, cómpre sinalar, servirá para premiar a NT2 Hondarribia e San Juan Iberdrola, protagonistas da tempada pasada tras teren sido campións da Liga San Miguel e da Liga Euskotren.

Ademais, repartiranse outros galardóns entre os que se atopan o remo ao mellor adestrador (votado polos distintos adestradores da Liga San Miguel), a mellor regata (votado entre os clubs), á mellor afección ou à mellor canteira, entre outros.

En definitiva, unha Gala que servirá para presentar unha nova tempada que se prevé moi intensa e na que as mellores embarcacións do momento tratarán de se facer coa prezada Coroa CaixaBank. A cerimonia, que terá varias sorpresas, finalizará con un aperitivo para o goce de todos os asistentes.  

Voltar