ACT TV

ENTREVISTAS

25 Abr 2018

"O obxectivo de Ondarroa é manter a categoría"

"O obxectivo de Ondarroa é manter a categoría"

Iñaki Errasti, adestrador de Ondarroa Cikautxo, fálanos sobre a situación actual da ‘Antiguako Ama’ e dos seus obxectivos para a Eusko Label Liga 2018

Cada vez falta menos para encetarmos a Eusko Label Liga e a vontade de remar medra. Iñaki Errasti, técnico de Ondarroa Cikautxo vén de deixar claro o obxectivo principal da ‘Antiguako Ama’ para esta nova tempada “é manter a categoría. Sabemos que vai haber moita loita e non vai ser doado, pero o noso obxectivo é seguir na máxima categoria”.

Sobre a avaliación da tempada que fixeron os ondarruarras na pasada batalla pola Coroa CaixaBank comenta que “Ondarroa fixo unha moi boa tempada” e engade que “este ano vai ser difícil dar ese nivel, pero estamos adestrando para iso”.

En canto á rivalidade que vai haber este ano, Iñaki Errasti explica que “fóra Hondarribia, Orio Babyauto e Urdaibai Avia, entre os demais imos ter unha pelexa moi grande”.

Voltar