ACT TV 2016

ENTREVISTAS

12 Abr 2016

"O noso obxectivo é ser o equipo máis competitivo"

"O noso obxectivo é ser o equipo máis competitivo"
O adestrador de Kaiku Producha, Emilio Laka, valora a pretempada do conxunto sestaoarra e amósase ambicioso por liderar a Liga San Miguel

O conxunto de Kaiku Producha comezou a pretempada con moita vontade e coa ambición de ser un dos equipos punteiros da vindeira edición da Liga San Miguel. Conseguir a prezada Coroa CaixaBank este ano será esixente e os pupilos de Emilio Laka son conscientes.

Están traballando duro nunha pretempada "boa porque temos un bo equipo este ano e temos plena confianza neles", explica o preparador Emilio Laka. O preparador da 'Bizkaitarra' está contento cos adestramentos que realizaron os seus remeiros, xa que "tivemos un inverno moi temperado, non temos ningunha excusa, estamos realizando uns adestramentos moi bos e confianza".

Segundo o técnico biscaíno, "a tempada que se aveciña será moi esixente", é por iso que o reto que se plantexa a 'traiñeira kaikutarra' é "adestrar máis e mellor que as demais traiñeiras". Así, o técnico opina que "os favoritos serán os mesmos do ano pasado, mais que embarcacións que no ano pasado estiveron no medio da táboa están a meter a cabeza entre os de riba", é por iso que os remeiros de Kaiku Producha amósanse "cautos". É máis, Emilio Laka é consciente de que "haberá algunha sorpresa este ano e que non hai que cometer nin o mínimo erro para non ficar atrás". 

Para lograr o obxectivo de "ser o equipo máis competitivo da Liga San Miguel", o equipo reforzouse con "bos remeiros, fortes e con experiencia que formaron parte do plantel kaikutarra en anos anteriores". Como novidade, o preparador valorou positivamente a axuda que terán da nova traiñeira que sairá na Liga ARC 2

A pelexa pola Coroa CaixaBank será vibrante, e Kaiku Producha quere estar entre os mellores para loitar polo trofeo.

Voltar