ACT TV 2022

ESPECIAL

22 Xul 2022

O Nervión é o escenario da fin de semana

O Nervión é o escenario da fin de semana O Nervión é o escenario da fin de semana

A sétima e oitava xornadas da Liga Eusko Label desputaranse en Sestao e Santurtzi 
 

A Liga Eusko Label vogará soa nesta fin de semana en augas de Sestao e Santurtzi. Será a sétima e oitava xornada da competición que se trasladará á ría do Nervión. A ponte colgante será un punto que terán que atravesar as doce traiñeiras da Liga Eusko Label tanto na xornada do sábado como na do domingo. 

No sábado, a Bandeira do Concello de Sestao voltará ao calendario da Liga Eusko Label despois da ausencia na tempada anterior, e voltará coa súa XXI edición. A xornada comezará ás 18:13 horas coas quendas segundo a clasificación xeral.

No domingo, a partir das 12:13 horas, Santurtzi co seu peculiar campo de regatas collerá o relevo de Sestao, coa desputa da Santurtziko XLIII Ikurriña.

FAN ZONE
Esta fin de semana, haberá unha dobre oportunidade de gozar da Fan Zone da Liga Eusko Label. Tanto o sábado na regata de Sestao (Praza do solar), como o domingo na de Santurtzi (Museo Naval), os afeccionados e afeccionadas poderán vivir unha experiencia única, e degustar o bonito Eusko Label e a cerveza oficial da competición, Keler, así como fotografárense cos dous trofeos de ambas competicións, a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren. 

Voltar