Novas

ENTREVISTAS

29 Xu˜ 2020

O importante é a saúde

O importante é a saúde

Osertz Alday enceta á frente de Lekittarra Elecnor unha tempada con moitas incertezas

Tras conseguir salvarse na súa primeira tempada na elite do remo, Lekittarra Elecnor achégase ao seu segundo verán na Eusko Label Liga coa firme intención de repetir a fazaña do 2019.

Osertz Alday, técnico dos lekittarras, parte de base cun plantel “bastante semellante ao de 2019”, o cal “tentamos reforzar para darmos un paso adiante”. O adestrador bidasoarra está contento co traballo realizado polos seus mozos antes e durante o confinto, pero non agocha que foi unha pretempada “chea de incertezas”.

En canto á tempada que xa temos diante, Alday ten claro o seu obxectivo, que o seu equipo estea san e gozar do remo. En canto ao deportivo, o técnico guipuscoano pensa que o seu equipo voltará loitar por manter a categoría. Nesa pelexa ve tamén aos dous equipos recén ascendidos e agarda que máis equipos poidan verse involucrados, “cantos máis equipos entren na pelexa, mellor”.

Voltar