ACT TV 2018
ESPECIAL
23 Xul 2018
O ecuador pasa por Getxo
Esta mañá presentouse a Getxoko Estropaden XL. Ikurriña e a Getxoko X. Ikurriña
Este sábado das 18.00 horas en diante volta un dos encontros clásicos do calendario, a Eusko Label Liga e máis a Liga Euskotren desembarcan unha tempada máis en augas de Getxo. Ambas as dúas xornadas, como vén sendo habitual, desputaranse en formato de liña tendo a súa saída e chegada a carón do Porto Vello, que será onde estará ubicada a Fan Zone. A orde de quendas estará definida en base á clasificación xeral polo que na primeira quenda vogarán Tirán Pereira, San Juan Sumelec, Kaiku Producha e San Pedro; na segunda quenda estarán Ondarroa Cikautxo, Donostiarra, Cabo e Santurtzi Iberdrola; e xa na quenda de honra remarán Orio Babyauto, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Urdaibai Avia, líder da Eusko Label Liga. Logo, na feminina Hondarribia Bertako Igogailuak, GU Arraun, Orio Babyauto e San Juan Iberdrola loitarán pola Getxoko X. Ikurriña.
Este mediodía celebrouse o acto de presentación das regatas de Getxo. Nela estiveron presentes: Álvaro González, concelleiro de Deportes do Concello de Getxo; Elena Zamora, directiva de Getxo Arraun Elkartea; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.