Novas 2019

ESPECIAL

04 Xul 2019

O dominio de Urdaibai Avia nas augas galegas

O dominio de Urdaibai Avia nas augas galegas

Os “txos” levaron 8 vitorias nas últimas 10 regatas desputadas en Galiza

De sempre os pescadores téñenlle moito respecto ao mar, tamén os remeiros, xa que nalgún momento se poden atopar con sorpresas no mar, como refachóns de vento, mar revolto ou fortes correntes. Todos os campos de regatas da tempada son diferentes, xa que algunhas regatas organízanse en río, e outras, porén, en mar aberto. Neste último, a máis dun equipo non lle teñen saído os plans segundo o agardado, e iso custou caro. As regatas en Galiza, por exemplo, están cheas de sorpresas xa que todos os anos algún galo da competición adoita fallar e ademais de ficar fóra da pelexa das bandeiras, pode recibir tamén un duro golpe na clasificación xeral. 


Porén, hai un equipo que se mantivo sólido e non cometeu erros nas últimas regatas que se desputaron en Galiza. Falamos de Urdaibai Avia. A “Bou Bizkaia” levou 8 vitorias e 7 bandeiras nas 10 últimas regatas desputadas en augas galegas; as dúas bandeiras de Moaña, outras dúas na Coruña (dobre xornada do 2018 e regata única do 2017) e tres de Boiro. E nas outras dúas regatas, os de Joseba Fernández lograron un segundo e un terceiro posto. Polo tanto, tendo este dato en conta, os “txos” darano todo na auga para conseguiren o mellor dos resultados na III Bandeira Cidade da Coruña, regata que non coñece outro vencedor que non sexa o equipo biscaíno.

Voltar