Novas 2020

ESPECIAL

28 Xan 2020

Novos pero non novatos

Novos pero non novatos Novos pero non novatos

Zarautz e Ares chegan á Eusko Label Liga cheos de ilusión e vontade

Un novo ano chega á Eusko Label Liga e canda el dous novos aspirantes á loita pola Coroa CaixaBank. Este verán promete ser, como cada un na máxima categoría do remo, emocionante en cada unha das súas loitas. Mais que ninguén pense que os dous recén ascendidos son claros aspirantes á loita pola permanencia polo mero feito de seren novos.
 
Zarautz e Ares son novos nesta Eusko Label Liga, mais non novatos. Os de Ares xa estiveron no 2017 cun verán de altos e baixos que rematou mandándoos ao playoff. Os coruñeses conseguiron dúas sétimas posicións nas regatas desputadas en Sestao e máis en Ares, frente á súa afección.
 
Pola súa banda, os zarauztarras voltan a unha competición na que xa estiveron dúas veces. Como socio fundador, Zarautz estivo na primeira edición da Eusko Label Liga, e logo de dúas tempadas de ausencia, voltou á máxima categoría do remo no 2006. É nesta etapa xustamente cando os guipuscoanos conseguen o seu mellor resultado, levando no 2007 a vitoria na Zumaiako XXII. Ikurriña e o quinto posto na clasificación xeral final.
 
Por todo isto, non pensedes nestes dous novos equipos como novatos, porque veñen para ficar e coa intención de daren moita guerra.

Voltar