Novas 2011

COMPETICION

17 Ago 2011

NOVA CITA CLASICA NA LIGA SAN MIGUEL-COROA MAPFRE: HONDARRIBIA

NOVA CITA CLASICA NA LIGA SAN MIGUEL-COROA MAPFRE: HONDARRIBIA

Hondarribia, 17 de agosto. - Os afeccionados non esqueceron aínda o espectáculo vivido en augas de Zarautz e agardan volver desfrutar cunha regata emocionante. A regata de Hondarribia conta con moitos e bos alicientes. ¿Afrouxará o pistón a Bizkaitarra de Kaiku, con media liga xa no peto? ¿Serán suficientes 12 puntos de diferenza para que a Bou Bizkaia desista definitivamente na procura da Coroa Mapfre?

E o que agardan e desexan os remeiros da casa, os integrantes da Ama Guadalupekoa, para daren un golpe na mesa e procurar gañar a terceira bandeira da tempada. Onde e nas augas que mellor coñecen. Hondarribia-Orsa sempre completa boas regatas na casa, e sábado ten serias opcións de conseguir o trapo máis valioso para a sede do club.

Este mediodía celebrouse o acto de presentación da HONDARRIBIKO XXIV. IKURRINA - GP MAPFRE no Concello de Hondarribia. A ela asistiron o alcalde, Sr. Aitor Kerejeta, o presidente do club de remo de Hondarribia Orsa, Joxemi Elduayen, e o representante de Mapfre, patrocinador da regata, Sr. Javier Lopetegi.

A regata, 14ª regata puntuábel, terá o percorrido clásico de 5.556 metros, catro longos e tres ceavogas. Repartiranse 22.500 euros en premios, e a orde de saída estabelecerase en base á Clasificación Xeral da Liga San Miguel - Coroa Mapfre 2011.

Voltar