ACT TV 2016

ESPECIAL

10 Ago 2016

Navegando na onda da aventura

Navegando na onda da aventura

Marta Benito e Oriol González, unha parella catalá de remeiros, cóntannos a historia que os uniu e que os levou a emprenderen este soño

As historias que invaden o mundo do remo son infinitas. Hainas de todos os tipos. Hoxe coñecemos a historia dunha parella catalá. Os seus nomes son Marta Benito e Oriol González. Unha remeira e un remeiro que comezaron no Club de Rem Badalona, e a quen a súa paixón por este deporte levounos a navegaren xuntos nunha grande aventura: probar no mundo das traiñeiras. Desde outubro, tanto Benito como González estiveron as fins de semana percorrendo os case 1200 kilómetros que separan Badalona de Renteria para preparárense e poder no verán montar nunha traiñeira. Mentres que Oriol González atopou un oco na segunda tripulación de Donostiarra, Marta Benito conseguiu facerse con un posto en Hibaika Jamones Ancín, un dos galos da Liga Euskotren.

Durante o ano pasaron moitas horas no tren que une Barcelona e San Sebastián, mais desde xuño a parella catalá optou por alugar un cuarto en Renteria, onde estabeleceron o seu ‘campo base’ para poderen centrarse todo o verán na súa grande paixón: o remo. Neste novo capítulo de ‘Liga San Miguel Por Dentro’ adentrámonos na aventura de Marta Benito e Oriol González.

Voltar