Novas

ESPECIAL

18 Set 2020

Moito en xogo

Moito en xogo

Bermeo e Portugalete acollerán esta fin de semana as dúas últimas xornadas da tempada na Liga Eusko Label

Xa se desputaron 16 xornadas desta trepidante tempada de remo na Liga Eusko Label e a competición porá o peche esta fin de semana coas dúas últimas regatas da tempada. O sábado desputarase a Bermeo Hiriko XXXVIII. Ikurriña – Avia Sari Nagusia en Bermeo, e o domingo, a acción desprazarase até Portugalete para dar por rematada a Liga Eusko Label coa L GP – XLVI Bandeira El Corte Inglés e entregar a Coroa CaixaBank ao líder da clasificación xeral. Canda estas dúas bandeiras, tamén se porán en xogo os playoffs de ascenso á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren.

A competición chega á súa fase final con todo por decidir. Santurtzi Transportes y Grúas Aguado é primeiro con 154 puntos, seguido por GO fit Hondarribia con 152. Orio Arraunketa Elkartea é terceiro con 138 puntos e Bermeo Urdaibai Avia pecha os postos de honra con 137 puntos. Zierbena Bahías de Bizkaia está na quinta posición con 135 puntos e ségueo Donostiarra Amenabar con 131 puntos. Cabo é sétimo e Lekittarra Elecnor pecha os oito primeros posto con 74 puntos.

Manuel Triñanes, patrón de Cabo, chega a estas dúas últimas xornadas na primeira posición da clasificación do Mellor Patrón CaixaBank con 9 puntos. Na segunda posición están empatados a 8 puntos Oscar Hermo, de Cabo; Iñigo Larrinaga, de Ondarroa Cikautxo; e Asier Zurinaga, patrón de Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.

O playoff da Liga Euskotren Liga abrirá a xornada do sábado en Bermeo ás 18:20 horas, onde Hondarribia Bertako Igogailuak, Cabo, Tolosaldea Arraun Kluba e Hibaika Jamones Ancín loitarán en formato contra o reloxo á procura dunha praza para a competición feminina na vindeira tempada. A seguir, tócalle ao playoff masculino, coa participación de Zarautz Babyauto, SDR Pedreña Grupo Dynasol, Sanpedrotarra A.E., SD Tirán Pereira e Samertolameu Oversea.

Así que se desputen estas dúas quendas de promoción, porase en xogo a Bermeo Hiriko XXXVIII. Ikurriña – Avia Sari Nagusia, onde os oito primeiros clasificados da Liga Eusko Label competirán pola penúltima bandeira da tempada.

O domingo, a acción comezará ás 11:40 coa segunda xornada de ambos playoffs. A orde de saída destas dúas quendas realizarase en orde inversa á clasificación da primeira xornada. Logo de se decidiren os ascensos e descenso das dúas competicións, a tempada de remo porá punto e final coa desputa da L GP – XLVI Bandeira El Corte Inglés en Portugalete.

Voltar