Novas 2014

ESPECIAL

05 Ago 2014

Miguel Hernando marca o ritmo na #PlaylistDeAgosto

Miguel Hernando marca o ritmo na #PlaylistDeAgosto

O remeiro de Astillero traenos unha listaxe chea de tons festeiros

Se na #PlaylistDeJullo Aitor Olaskoaga, remeiro de Portugalete Eulen, traíanos unha listaxe chea de tons Punk e Rock, a #PlaylistDeAgosto muda de estilo. A compilación musical deste mes rompe completamente a tendencia que viñamos tendo nesta sección.

Eo encargado de elaborar esta #PlaylistDeAgosto é Miguel Hernando, remeiro de Astillero. Este mes atopámonos una listaxe chea de ritmos alegres, propicia para un día de festa. Entre as cancións máis festeiras poderiamos salientar "Tsunami" de Dvbbs, "Animals" de Martin Garrix, "Memories" de David Guetta e "Boneless" de Steve Aoki. Outro dos aspectos máis atractivos da #PlaylistDeAgosto é a inclusión de grupos moi coñecidos e as súas mellores cancións como "I Want to Break Free" de Queen, "Antes de que Cuente Diez" de Fito y Fitipaldis e "Thunderstruck" da mítica banda  ACDC. Tampouco poden faltar nesta listaxe cancións que copan os postos máis altos nas listaxes das cancións máis escoitadas como poden ser "Blurred Lines" de Robin Thicke, "Wake Me Up" do coñecidísimo DJ Avicii ou "Mal de Amores" de Juan Magan.

Completan esta listaxe "Hasta que el Cuerpo Aguante" e "La Costa del Silencio" do grupo madrileño Mago de Oz, "Otra Noche" de Kaotiko, "En Blanco y Negro" de Barricada e "Masculino Singular" de Rosendo.

 

 

Boneless - Steve Aoki

Thunderstruck - ACDC

I Want to Break Free - Queen

Blurred Lines - Robin Thicke

A Little Party Never Killed Nobody - Fergie

They Don´t Care About Us - Michael Jackson

Tsunami - DVBBS

Memories - David Guetta

Wake Me Up - Avicii

La Costa del Silencio - Mago de Oz

Animals - Martin Garrix

Al Cantar - Platero y Tu

Watch Out for This - Major Lazer

Miguel - La Fuga

Blanco y Negro - Barricada

Otra Noche - Kaotiko

Antes de que Cuente Diez - FIto y Fitipaldis

Masculino Singular - Rosendo

Mal de Amores - Juan Magan

Voltar