Novas 2010

COMPETICION

15 Nov 2010

MEMORIA ANTIDOPAJE 2010

MEMORIA ANTIDOPAJE 2010

Como vén acontecendo dende a súa creación, a ACT desenvolveu, na tempada 2010 un plan antidopaxe no seo da súa competición, sometendo os clubs e os seus deportistas a diversos controis tendentes a previr e, no seu caso, sancionar actuacións relacionadas co uso de substancias e métodos prohibidos no deporte. Tales actuacións foron levadas a cabo tanto na Liga San Miguel, para a categoría masculina, como na Liga Eusko Tren, para a categoría feminina.

Daquela, ao longo da tempada 2010 realizáonse un total de 66 controis antidopaxe sobre mostras fisiolóxicas de ouriños, distribuídos en 30 controis en competición e 36 cotrois fóra da competicións. Coas actuais técnicas analíticas das que dispón o laboratorio de control da dopaxe non se acreditou o uso de ningunha substancia ou método prohibido dos incluídos na listaxe de referencia.

Tamén, amais dos contróis de dopaxe, foron obtivas ao longo da tempada 219mostras de sangue de remeiros pertencentes a todos os clubs da asociación, analizando certos parámetros hematolóxicos tendentes a coñecer posíbeis alteracións producidas polo uso de dopantes. Ningún dato sanguíneo das analíticas efectuadas mostran, nin individual nin colectivamente, parámentros ou valores obxectivos que sexan indicadores do eventual emprego dalgunha das variedades de EPO ou outras substancias ou métodos prohibidos na listaxe de referencia que melloren os niveis sanguíneos e a transferencia de osíxeno.

Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar nos próximos exercicios, o continuar realizando un programa de control da dopaxe no seo das súas competicións.

Voltar