Novas 2011

COMPETICION

07 Xu˜ 2011

MAPFRE PATROCINA A PRÓXIMA EDICIÓN DA LIGA SAN MIGUEL DE TRAÍÑAS

MAPFRE PATROCINA A PRÓXIMA EDICIÓN DA LIGA SAN MIGUEL DE TRAÍÑAS

- MAPFRE chegou a un acordo coa Asociación de Clubs de Traíñas para patrocinar a súa competición durante un ano

- Grazas a este acordo, o trofeo que se entrega ao campión da Liga San Miguel denominarase "COROA MAPFRE".

- A entidade premiará ao "Mellor Patrón" coa entrega dun maillot de cor vermello co distintivo de MAPFRE

MAPFRE chegou a un acordo coa Asociación de Clubs de Traíñas para patrocinar durante este ano a Liga San Miguel que organiza a ACT. Grazas a dito convenio, o Trofeo da competición máis importante de traíñas pasará a se denominar COROA MAPFRE. A entidade tamén patrocinará o galardón de "Mellor Patrón" de cada xornada, a quen se lle fará entrega dun maillot de cor vermello co distintivo de MAPFRE e que terá como colofón o premio ao mellor patrón da tempada. As cores da entidade tamén estarán presentes nas balizas, meta, remos, etc.

A Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) cumpre xa a súa novena tempada no tradicional e emotivo mundo das traíñas. A presenza de MAPFRE fará que este entrañábel e espectacular deporte continúe remando con firmeza cara un futuro moderno e cheo de novidades mantendo sempre a súa identidade.

A Liga San Miguel de Traíñas percorrerá nos meses de verán a cornixa cantabro-atlántica, dende Galiza até Bordeaux, lugar onde comezará a Liga 2011. A clausura do torneo terá lugar en Portugalete (Bizkaia) o 19 de setembro tras a disputa de 20 probas, 19 puntuábeis.

Con este patrocinio, MAPFRE reforza a súa presenza e apoio aos deportistas, ao deporte en xeral e aposta sen reservas polos valores da práctica deportiva, coa que comparte principios e valores, como o esforzo, a dedicación e o compromiso.

Foto: Enrique Cid, Director General Territorial de Mapfre (derecha) e Iñaki Mikeo, Gerente ACT (izquierda).

Voltar