ACT TV 2016

ENTREVISTAS

02 Mar 2016

"Mantérmonos sería un éxito"

"Mantérmonos sería un éxito"

Patxi Francés valora a pretempada da traiñeira zumaiarra pondo como obxectivo a permanencia na Liga San Miguel

A traiñeira de Zumaia comezou a pretempada con moitas ganas. O adestrador da "Telmo Deun"Patxi Francés, reuniuse connosco e comentounos as impresións do plantel para loitar pola permanencia na nova edición da Liga San Miguel

Tras lograr o pase á Liga San Miguel nuns trepidantes play off, os pupilos de Patxi Francés tentarán manter a categoría. "Somos conscientes de que é difícil, e máis para unha traiñeira coma a nosa, mais estamos a traballar para iso", di o preparador donostiarra. Para lograr o obxectivo da permanencia, o plantel deste ano estará composto por "xente nova e xente que xa compitiu en ACT", un plantel que segundo o técnico, "é un plantel que traballa duro".

Malia que a oportunidade de remar entre os mellores está moi presente, o preparador da traiñeira de Zumaia é realista e traballa ao 100% para "obter puntos nas primeiras xornadas, puntos que son moi importantes para equipos das nosas características".

O reto que se lle plantexa ao "Telmo Deun" vese difícil polo nivel que se demostrou nos últimos anos na Liga San Miguel, porén "tanto o plantel como o pobo de Zumaia amósanse con vontade e coa idea de que vamos manternos", concluiu Patxi Francés.

Voltar