ACT TV 2017

ESPECIAL

22 Mar 2017

Magia Sport deseña a pel do gañador

Magia Sport deseña a pel do gañador

A empresa navarra e a ACT subscriben un novo acordo polo que a nova compañía se convirte no proveedor oficial da competición

A ACT continúa a dar forma á nova campaña e nesta ocasión selou un novo acordo con Magia Sport, polo cal a empresa navarra deseñará as prendas que luzan os líderes da competición, tanto na súa vertente masculina como na feminina coa Liga Euskotren. Este acordo, extensíbel a 2018, tamén contempla a equipación de todo o persoal que acompaña na montaxe de cada regata.

Magia Sport é unha nova empresa que xurde no ano 2012 en Pamplona e que se centra en diferentes facetas do mundo do deporte, como o da comunicación, asesoramento, marketing e roupa deportiva. Entre os seus clientes destaca un dos socios da ACT, San Pedro, quen dende a pasada campaña viste as prendas deportivas de Magia Sport.

Deste xeito, Andoni Moriano, responsábel de Magia Sport, así como Borja Rodrigo, presidente da ACT, selaron este acordo que convertirá a compañía pamplonesa nun dos novos partners tanto da Liga Euskotren como da batalla pola Coroa CaixaBank. 

Voltar